O inicio da terceira fase da reforma da Avenida Castelao obriga a restructurar o tráfico

A rúa Congostra do Rico cambia de dirección e do aparcamento saese cara o Regueiro ou pola rúa Sor Aurora
Avenida Castelao A Illa tramo final. DS
photo_camera Avenida Castelao A Illa tramo final. DS

A reforma da Avenida Castelao entra esta semana na súa terceira e última fase de execución, un tramo central de 80 metros de lonxitud que encerra certa complexidade pola súa estreitez.

O inicio destes traballos obriga a unha reordenación do tráfico rodado que a Policía Local comezou a sinalizar esta mañán coordinados coa Concellalía de Servizos e que estará vixente ata que rematen as obras, previsiblemente neste primeiro trimestre do ano.

Da zona habilitada para estacionamento neste entorno os coches sairán pola rúa Congostra do Rico, que cambia o sentido de circulación que tiña ata agora, en dirección á Praza do Regueiro.

Os cambios afectan tamén ao tráfico que chegue desde o Alto da Torre ou a Rúa do Castro, que tamén sairá polo Regueiro. Sen embargo, os coches que cheguen das rúas Abilleira, Pedraserrada e Charco sairán por Sor Aurora.

Estes cambios son imprescindibles para afrontar a recta final da transformación dunha vía urbana que atravesa A Illa para converterse nun espazo continuo de seguridade viaria e de calidade. Nos tramos xa executados estableceronse itinerarios peonís continuos e libres de obstáculos, con plataforma única elevada de prioridade para os camiñantes nos tramos nosque a anchura non permite crear  márxenes separados dos vehículos.

Neste tramo, ao igual que no resto do trazado xa executado, as obras inclúen o cambio das redes de servizos e suministros, e novo alumeado.