O Concello pide para o Cantiño o mesmo trato que para o resto da fronte marítimo do Salnés

O goberno local proxecta unha actuación con aparcadoiro soterrado similar á que a Consellería do Mar vai financiar en Portonovo
photo_camera El desplome del Paseo do Cantiño en A Illa de Arousa ha obligado a una urgente intervención de la Xunta para arreglar el firme del puerto del municipio [VÍDEO: CONCELLO A ILLA DE AROUSA]

O goberno local de A Illa confía en que nos vindeiros días Portos de Galicia concrete a data dunha primeira xuntanza entre ambas administracións para analizar conxuntamente un proxecto global para o Paseo do Cantiño máis alá da reparación puntual que o ente autonómico está a acometer estes días para tapar o burato descuberto tralo desplome.

O alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, remitiu esta pasada semana un terceiro escrito a Portos de Galicia solicitando data para o encontro e adiantando á súa presidenta que é o momento de poñer sobre a mesa unha actuación máis ambiciosa, que elimine a dobre altura actual e aproveite o desnivel existente entre a estrada e o Paseo para albergar un aparcadoiro soterrado que ofreza un servizo de estacionamento á cidadanía arousana. Trátase dunha antiga aspiración do goberno local trasladada a Portos de Galicia en forma de proxecto xa en lexislaturas anteriores. “Nós queremos empezar a recibir o mesmo trato que a Consellería do Mar lle está dando ao resto dos portos da contorna”, apunta Carlos Iglesias, que vería con agrado unha actuación no Cantiño similar á que a Consellería ten proxectada en Portonovo, cun aparcamento subterráneo. “Todo é cuestión de sentarnos e falalo pero é innegable que o Paseo do Cantiño require atención. Como ben dixo Susana Lenguas o venres na Illa trátase dunha infraestructura construida nos anos 80 sen investimento posterior algún”.

No escrito remitido a Portos, Carlos Iglesias traslada a Susana Lenguas a preocupación local “por un deterioro difícil de frear cunha actuación parcial e que, como xa quedou evidenciado, pon en risco a seguridade dos potenciais usuarios dun Paseo que é, sen dúbida, un dos principais atractivos do noso municipio e que é utilizado durante todo o ano por centenares de persoas, tanto para achegarse ao porto como para gozar dun paseo”. Esa preocupación pola seguridade foille adiantada xa polo concelleiro Luis Arosa a Susana Lenguas o venres, solicitándolle que nesta actuación urxente que Portos está a realizar no Cantiño inclúa a limpeza das losetas, que encerran risco de esvaramento.

“Tendo en conta que estamos a dous meses da Semana Santa, época de elevado fluxo turístico, urxe garantir unhas condicións óptimas de seguridade e salubridade no Paseo do Cantiño”, conclúe o goberno local.