Deputación e Club de Piragüismo Illa de Arousa únense para o fomento escolar deste deporte

Javier Tourís mantivo este luns unha reunión con representantes do club para fomentar unha acción dirixida a alumnos de 5º e 6º de Primaria de A Illa e Vilanova
Javier Tourís e representantes do Club de Piragüismo Illa de Arousa durante o encontro deste luns. DS
photo_camera Javier Tourís e representantes do Club de Piragüismo Illa de Arousa durante o encontro deste luns. DS

O deputado provincial Javier Tourís reuniuse na mañá deste luns, no Pazo provincial da Deputación, con responsables do Club de Piragüismo da Illa de Arousa para coñecer o programa de fomento do piragüismo en idade escolar, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria da Illa e Vilanova.

Durante o encontro, Tourís remarcou que o deporte é e será un dos eixos prioritarios do goberno provincial e amosou a vontade de abordar posibles liñas de colaboración, desde a Deputación, coa entidade arousá.