A xustiza arquiva a causa polas acusacións sobre a calidade da auga no concello de Ribadumia

A xuíxa admitiu a ausencia de probas aportadas por José Enrique Oubiña
Enrique Oubiña de Somos Ribadumia. CEDIDA
photo_camera Enrique Oubiña. CEDIDA

Tras a denuncia interposta polo Concello de Ribadumia a José Enrique Oubiña Lago e o partido político Somos Ribadumia o pasado 5 de agosto, a xuíza sobreseu e arquivou a causa polas acusacións sobre a calidade da auga de consumo humano no municipio.

"As declaracións da xuíza confirman a ausencia de probas que o señor Enrique Oubiña Lago tiña para facer tales acusacións", indica o Goberno local. Según reza a sentenza, "o relato de feitos realizado polo denunciado non pasa dunha mera suposición", e afirma que el "recoñece que non sabe se a potabilizadora está en funcionamento, desconectada ou sen cloro". "Con estas afirmacións, o denunciado queda desacreditado ante a falta de probas do que difundía", apunta o Concello.

Ademais, a xuíza expón que o publicado polo denunciado e o seu partido político "non pode ser máis que considerado como comentarios zafios, bastos, de mal gusto, que adoecen de calquera rigor".