O Concello retoma a programación do Auditorio municipal coa obra 'Live is Liife'

Emitiráse o domingo 22 de xaneiro, ás 19:00 horas, nunha comedia e drama dirixido por Dani de la Torre e co guión de Albert Espinosa ▶ Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, o Auditorio achegará á veciñanza unha programación con teatro, música e cine, entre outras 
Auditorio de Ribadumia. DS
photo_camera Auditorio de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia retomará a súa programación cultural do Auditorio tras o parón das vacacións de Nadal. Igual que durante o primeiro trimestre, ofrecerase, cada semana, programación teatral, musical ou audiovisual para público familiar ou adulto, onde pequenos e maiores poderán gozar das citas que o municipio lles ten preparadas.

A programación comezará o domingo 22 ás 19:00 horas cunha sesión de cine da man de Live is Life: La Gran Aventura, un drama e comedia dirixida polo galego Dani de la Torre co guion de Albert Esponosa. A entrada é de balde, e libre ata completar o aforo do Auditorio. Coa emisión desta produción do ano 2022, preténdese dar resposta á demanda que fan tanto os nenos e nenas coma os familiares de ofrecer as últimas estreas da carteleira.

Dentro da oferta de entretemento que o goberno municipal ofrecerá durante xaneiro, febreiro e marzo para toda a veciñanza do municipio e arredores, tamén destacan as representacións teatrais, os espectáculos musicais, festas, galas benéficas e máis cine. Toda esta información poderá consultarse nos dípticos informativos que se enviaron aos domicilios de Ribadumia, nas redes sociais ou na páxina web municipal.

Por outra banda, dende o ente local lembran que ata o 15 de febreiro de 2023, estará exposta ao público a mostra fotográfica Non somos números, que representa a violencia de xénero que sufriron algunhas mulleres. Esta exposición inaugurouse o 25 de novembro e é visible media hora antes de cada actuación programada nas instalacións do auditorio, ou por grupos pedindo cita previa no teléfono 622 58 53 59, da Asociación ESMAR Non ó Maltrato.

Sinopse de ‘Live is Life’

Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ó pobo galego dos seus pais para reencontrarse cos seus amigos. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escaparse durante a noite de San Xoán na procura dunha flor máxica que, segundo a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer que los desexos se fagan realidade.