Ribadumia convoca as bases do Concurso de Camiseta do Viño Tinto

Poderán participar as peñas compostas por un mínimo de cinco membros ▶ Repartiranse 350 euros en premios
Así fue la inauguración de la Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Edición pasada da Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Ribadumia convocou as bases para o Concurso de Camisetas, que se leva a cabo todos os anos e ten como obxectivo premiar as máis orixinais cuxo deseño faga referencia á exaltación do Viño Tinto.

Poderán participar as peñas participantes na Festa do Viño Tinto e Exaltación de Variedades Autóctonas, e deberán estar compostas por un mínimo de cinco membros. Unha peña, ou calquera dos seus membros integrantes, non poderá presentar máis dunha camiseta. 

Para participar no concurso deberá presentarse, nas dependencias do Concello, un exemplar da camiseta impresa. O prazo para presentar as candidaturas e as camisetas remata o 16 de maio ás 13.00 horas. En total, repartiranse 350 euros en premios: 1º premio 200 euros, 2º premio 100 euros, e 3º premio 50 euros.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de camisetas, o xurado designado avaliará os traballos presentados, que estará composto por unha persoa con experiencia en debuxo e vínculos coa Festa do Tinto, unha persoa con experiencia en fotografía e vínculos coa Festa do Tinto e tres persoas do Persoal Técnico e Monitores Culturais do Concello de Ribadumia.

A entrega de premios farase o sábado 1 de xuño na Carballeira de Barrantes, durante os actos centrais da cata final, ás 12.30 horas.