Aprazado o XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía

A organización remitiu un comunicado urxente este venres
O edificio do concello de Vilagarcía de Arousa. DS
photo_camera O edificio do concello de Vilagarcía de Arousa. DS

A Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía, xunto coa dirección técnica e de seguridade da organización do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía comunicou o aprazamento da proba prevista para este domingo 5 de maio.

"Debido ás intensas chuvias que se están a rexistrar, estanse formando numerosas balsas de auga no segmento ciclista. Segundo a previsión meteo rolóxica, continuarán as precipitacións en grande cantidade ata o mesmo día da proba, polo que a probabilidade de ter bolsas de auga no percorrido ciclista é moi alta, convertendo o circuíto el altamente perigoso", manifestaron a través dun comunicado.

Esta situación suporía un elevado risco para a integridade dos participantes, polo que, dende a organización "decidimos na tarde de hoxe, venres 3 de maio, aprazar a celebración da proba co obxectivo de garantir a seguridade dos deportistas e pensando en ocasionar os menores contratempos posibles. Lamentamos os inconvenientes que esta decisión poida ocasionar, pero para a Fundación de Deportes e a dirección técnica do tríatlon, a seguridade e o benestar dos participantes está por riba de calquera outra cuestión".

Así, aseguraron, "agradecemos a comprensión de todas as persoas inscritas no tríatlon, así como a dos nosos colaboradores e patrocinadores, emprazándoos á nov a data que se estableza para celebrar a competición con plenas garantías de seguridade para os deportistas e nas condicións idóneas para que a cidadanía goce deste espectáculo deportivo".

"Dende hoxe mesmo, a organización do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía estamos traballando coa Federación Galega de Tríatlon para poñer nova data ao evento deportivo. Tendo en conta a elevada ocupación do calendario nacional e autonómico para os vindeiros meses, case con toda probabilidade, a proba de Vilagarcía celebrarse no mes de setembro", prometeron.

Más en Deportes