Regresa a Ribadumia a XIV Feira da Familia

A presente edición celebraráse o domingo, 19 de maio, na Praza do Concello
 Niños jugando en unos hinchables. ARCHIVO / RAFA FARIÑA
photo_camera A XIV Feira da Familia con inchables para os máis cativos. ARCHIVO / RAFA FARIÑA

O Concello de Ribadumia ten todo preparado para celebrar, o domingo 19 de maio, a XIV edición da Feira da Familia. A festividade incluirá a realización de xogos familiares, inchables, karaoke, stands informativos, a actuación do Mere Clown e unha merenda para toda a pequena veciñanza do municipio que se inscriba, entre outras sorpresas.

As persoas intersadas en inscribirse, deberán acudir ás oficinas dos servizos sociais, co educador familiar, de luns a venres en horario de 09.00 a 15.00 horas ata o 15 de maio.

As actividades organizaranse entre as 16.30 e as 20.30 horas da tarde na Praza do Concello no caso de que a meteoroloxía o permita. En caso de choiva, a feira trasladarase ao Pavillón de Barrantes. 

Con esta celebración colaborarán diferentes entidades e asociacións como, ARELAS (Asociación de Familias de Menores Trans), TDAH Salnés, GOTAS (Asociación pola Diversidade Social), Servicio de Orientación Lar, ESMAR e Residencia GERIATROS entre outras.