A película 'Los tipos malos' continúa a programación cultural de Ribadumia

O pase da obra de animación terá lugar o domingo 16 de abril ás 20.00 horas no Auditorio municipal
Imagen promocional de la película 'Los tipos malos'. DS
photo_camera Imagen promocional de la película 'Los tipos malos'. DS

Tralo parón da Semana Santa, o Concello de Ribadumia continúa achegando programación cultural á veciñanza do municipio e arredores. Esta fin de semana, ofrecerase unha sesión de cine coa emisión de Los Tipos Malos, película de animación dirixida por Pierre Perifel no ano 2022 e baseada na serie de novelas The Bad Guys de Aaron Blabey.

A partir das 20:00 horas deste domingo 16 de abril, todos os interesados en acudir a esta cita poderán gozar deste filme que conta a historia de cinco viláns cunha extensa carreira criminal: Mister Wolf, Mister Snake, Mister Piranha, Mister Shark e Mister Tarantula. Xuntos pasaron toda unha vida levando a cabo grandes atracos. Agora tramarán tamén un complot para realizar o seu último traballo. Esta sesión será de balde, e libre ata completar o aforo do Auditorio.