Os máis pequenos poderán desfrutar dunha fin de semana de inchables

Dende o venres ata o domingo, e en horario de tarde, as atraccións estarán situados no Pavillón de Barrantes ▶ Esta é a primeira das actividades que o goberno local ten preparadas para a programación de Nadal

Hinchables infantiles. PIXABAY
photo_camera Inchables infantís. PIXABAY

O Concello de Ribadumia está a preparar o ambiente festivo destas datas de Nadal coa posta en marcha duns inchables durante a fin de semana a disposición de toda a rapazada do municipio e arredores. 

Os nenos e nenas son os grandes protagonistas destas datas, e gran parte da programación preparada dende o goberno local está destinada a eles. Por iso, a primeira cita que a veciñanza ten en Ribadumia será esta fin de semana no Pavillón de Barrantes. Dende o venres ata o domingo, en horario de 16:00 ata as 21:00 horas, estarán instaladas estas atraccións infantís e todos os que se acheguen ao Pavillón poderán facer uso delas a prezos populares. 

O Concello de Ribadumia anima a todos os nenos e nenas a visitar o municipio os días 16, 17 e 18 de decembro, onde a diversión e o entretemento estarán asegurados.