'A Lola' dará continuidade á programación teatral no Auditorio de Ribadumia

O domingo 19 de marzo, ás 19:00 horas, representarase esta obra de teatro ambientada nos anos posteriores ó golpe de Estado do noso país
Auditorio municipal de Ribadumia. ATAQUILLA
photo_camera Auditorio municipal de Ribadumia. ATAQUILLA

O Concello de Ribadumia continúa achegando programación cultural e de entretemento á veciñanza de Ribadumia e arredores no Auditorio Municipal. Esta fin de semana, a oferta teatral vén a cargo do grupo Avelaíña Teatro, que representará unha obra ambientada nos anos posteriores ó golpe de Estado en España.

A partir das 19:00 horas deste domingo 19 de marzo, todos os interesados en acudir a esta cita poderán gozar dunha tarde de teatro coa representación da obra A Lola, que levará ao público a un ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte ás ideas constitucionais de progreso e liberdade.

A trama deste espectáculo está determinada polo feito de que o sucedido nos anos da represión posteriores ó golpe de Estado segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións. Esta sesión será de balde, e libre ata completar o aforo do Auditorio, recomendada para público adulto. O Concello de Ribadumia anima a todos os veciños/as e achegados a asistir este domingo pola tarde á sesión teatral que preparada para celebrar no municipio, onde o entretemento, a diversión e a solidariedade serán os grandes protagonistas.