Meaño estrea a plataforma única no acceso aos colexios de Dena

Este elemento único de formigón sobreelevado permitirá a mellora da seguridade vial
O alcalde, Carlos Viéitez, na nova plataforma. DS
photo_camera O alcalde, Carlos Viéitez, na nova plataforma. DS

O Concello de Meaño remata a plataforma única no acceso aos colexios de Dena que reforza a seguridade da comuniade escolar. Así, xa está aberta ao tráfico rodado a rúa onde se sitúan os colexios en Coirón. 

A plataforma única de formigón sobreelevada permitrá a mellora da seguridade vial nos accesos aos centros educativos, con remarcada prioridade peonil. As zonas de aparcamento en pavimento de formigón gris e a zona de tráfico rodado con prioridade peonil en pavimento de formigón granate, mantéñense. 

Así, dende o Concello declaran que "queda pendente o pintado do paso de cebras e da restanta señalización horizontal", ademais da colocación de bolardos para separar as aceras das zonas de aparcamento.