Meaño destina 580.000 euros a sanear o pavillón das Covas

As obras, financiadas polo Concello e a Deputación, veñen de finalizar
O equipo de Goberno no pavillón tras a reforma. DS
photo_camera O equipo de Goberno no pavillón tras a reforma. DS

Meaño vén de finalizar as obras no pavillón das Covas, adxudicadas por un importe de 586.870,70€, cofinanciada polo concello de Meaño e pola Deputación de Pontevedra en base ao programa Reacpon. Na actuación, unha vez retiradas as planchas de amianto, a nova cuberta quedou conformada por paneles sándwich aislantes de aluminio e un falso teito de placas de xeso laminado. 

O edificio gañou tamén uns novos aseos nunha zona próxima á entrada principal e os vestiarios existentes reformaronse con renovación de fontanería, saneamento, alicatados, solados e pintura. 

En canto ás gradas, dotátonse de madeira laminada para os asientos do público, e eliminouse un tramo de grada para mellorar a mobilidade e a accesibilidade do público, mentres que no que respecta á carpintería exterior, instalouse carpintería de aluminio, puerta exterior e pórtico entrada en aceiro laminado.

"Con este proxecto de reforma integral do pavillón, tanto na estructura externa como interna para mellorar a eficiencia enerxética, accesibilidade, sostibilidade, eliminación goteitas, poñemos á disposición dos veciños e veciñas de Meaño unhas instalaciones deportivas en óptimas condiciones para o seu uso e disfrute", sinalou o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez