Unha vintena de carrozas participarán nun desfile de Entroido que varía o seu percorrido

O Concello pide colaboración para evitar estacionamentos nas rúas afectadas polo pase da comitiva festiva que terá lugar o vindeiro sábado 25
Entroido en A Illa. DS
photo_camera Entroido en A Illa. DS

Máis dunha veintena de carrozas confirmaron xa a súa participación no desfile de Entroido que terá lugar este sábado 25 na Illa e que nesta edición modifica o seu percorrido a causa das obras.

A comitiva festiva partirá ás 16.30 horas da Casa do Mar en dirección ao instituto e desfilando posteriormente polas rúas Castriño cara á igrexia, enfilando as rúas interiores Castriño, Paradela, Priorato, Sor Aurora ata rematar no Campo, donde terá lugar a festa final.

Debido á estreitez das rúas, o Concello recorda que está totalmente prohibido o estacionamento para garantir o tránsito das carrozas e o seu séquito. Co fin de facilitar a comunicación entre o ente local e a veciñanza, instalaranse valados recordatorios.

Un dispositivo especial de seguridade encargarase de que a xornada festiva do sábado se desenvolva sen incidencias e o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, apela á colaboración de participantes, público e veciñanza para garantir unha xornada de diversión sen incidencias.

A programación destas festas de entroido deseñado pola ACD Dorna, coa colaboración do Concello de A Illa, recolle unha festa este martes na carpa instalada na Praza do Portiño; o enterro do Entroido o mércores de cinza; o desfile do sábado que rematará cunha tirada de fogos e festa a cargo de Discomóvil MB, e o remate final que será o domingo co festival de comparsas que sairán do Regueiro desfilando ata o Auditorio.