O Concello da Illa finaliza a realización do proxecto bianual no Carreirón

As actuacións están cofinanciadas con fondos europeos para os espazos protexidos da Red Natura 2000
A REVISTA_ ILLA DE AROUSA
photo_camera Praia do Carreirón na Illa de Arousa. DS

No ano pasado en setembro o actual proxecto empezaba coa primeira parte das actuacións cofinanciadas con fondos europeos para os espazos protexidos da Red Natura 2000. O importe da axuda para investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agro-ambientais e climáticos concedidos ao Concello é de case 20.000 euros, repartido en dúas anualidades.

Có obxectivo da protección das dunas grises no entorno da Praia dos Espinos, os traballos que se realizaron pola empresa Arcea, buscan limitar e ordenar o tránsito de paseantes e protexer os lugares máis sensibles, ademais dunha mellor sinalización dos camiños.

Na agora finalizada segunda parte do actual proxecto, realizouse un repaso sobre plantas exóticas invasoras, ademáis da instalación dun Punto de Información Ambiental no lugar do observatorio da lagoa, cun puzzle e unha páxina web con máis información sobre hábitats e especies : carreiron.com. Esta páxina servirá no futuro para que os visitantes podesen acceder a máis publicacións sobre o espazo, por exemplo elaborados nos centros educativos.

Gabrielle von Hundelshausen, concelleira de Medio Ambiente, subliñou que "a conservación e o uso público dos espazos naturais protexidos son compatibles, e desfrutamos máis cando coñecemos máis sobre eles e respectamos o que hai".

Iniciativa municipal

As actuacións desenvolvidos polo Concello durante a última década no Carreirón financiadas pola mesma línea de subvencións, foron moi exitosas no ámbito do control e erradicación de especies exóticas invasoras, de protección dunar e para a mellora da ordenación do uso público.

Resulta fundamental garantir a continuidade das accións para reducir o impacto e garantir os valores ecolóxicos do espazo protexido do Carreirón.