O BNG denuncia a mortandade de ameixa e do longueirón na Ría de Arousa

Segundo o grupo parlamentario, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa deu voz de alarma pola situación
As deputadas na praia da Canteira co longueirón morto. DP
photo_camera As deputadas na praia da Canteira co longueirón morto. DP

Hai uns días na praia da Canteira na Illa de Arousa apareceron restos de ameixas e longueiróns. Esta mortaldade fixo saltar de novo a preocupación entre o secto do mar, xa que se trata dun episodio frecuente. 

Dende o BNG levan este tema á Mesa Parlamentaria xa que "preocupa a situación da Ría de Arousa onde o saneamento da mesma, segundo o partido político, sigue sendo unha asignaura pendente". 

As deputadas Montserrat Prado e Rosana Pérez achegáronse ata a zona para comprobar isto, xa que a finais de xuño a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa deron voz de alarma pola situación na que se atopaban. 

Así, o Bloque Nacionalista Galego denuncia que a Xunta de Galicia debería de ter "a obriga de protexer as rías e adicar os recursos humanos, económicos e tecnolóxicos precisos para investigar e vixiar as condicións ambientais, as verteduras, a calidade da depuración das augas e a calidades das augas dos ríos que alimentan as rías".