Sabías que...

En Major hai unha ruta de sendeirismo que conecta con Noalla

O roteiro foi proposto e creado pola Comunidade de Montes de Noalla
A ruta de Major que remata en Noalla ten diferentes mesas para poder comer e parar. e.b.
photo_camera A ruta ten diferentes mesas para poder comer e parar. E.B.

O roteiro fluvial do Rego do Souto é unha ruta que parte das zonas de recreo da zona de Major e que discorre pola marxe dereita ata chegar ás inmediacións da estrada que una os lugares de Soutullo e Pontes, na parroquia de Noalla.

Esta senda foi proposta e realizada pola Comunidade de Montes de Noalla e amosa a particularidade que ten a paisaxe rural do concello de Sanxenxo.

Son moitos os que descoñecen que este roteiro segue os pasos do río e que paga a pena realizar polo menos unha vez. Segundo sinala o cartel situado na entrada, un dos maiores atractivos da ruta constitúe a presenza da vexetación de ribeira ao carón do regato e da propia senda, "que cumpre funcións ecolóxicas moi importantes".

Con estas funcións ecolóxicas refírese a, por exemplo, á estabilización dos marxes e beiras, o control da influenza da conce sobre o canle e o ecosistema fluvial. Unha nova oportunidade para poder descubrir a paisaxe e natureza que recolle o concello de Sanxenxo.