Sabías que...

Dorrón é moi escollido para os retiros e as vacacións en calma

A súa tranquilidade e a escasa masificación que sofre convérteno nun destino ideal
dotton
photo_camera Vista xeral de A Granxa de Abaixo, en Dorrón. RAFA FARIÑA

Mentres que os telediarios e as axencias de viaxe propoñen a zona centro de Sanxenxo como destino turístico, o concello conta con outras moitas zonas e parroquias que albergan calma, tranquilidade e, sobre todo, comodidade para as persoas que deciden situar as súas vacacións de verán nesta zona das Rías Baixas.

O seu nome completo é San Juan de Dorrón, aínda que é comunmente coñecido e chamado por Dorrón. Ten unha extensión de 5,6 km² e limita con Bordones, Meaño, Poio e a ría de Pontevedra. Nesta parroquia de Sanxenxo hai unha gran diversidade de paisaxes, con montes de relativa altitude e un val. Por situarse na costa, os veciños e veciñas de Dorrón poden desfrutar de praias como a de Pampaido, Área de Agra e a praia de Areas.

A súa natureza e o seu carácter pouco masificado, en comparación co centro do concello de Sanxenxo, fan de Dorrón un lugar escollido polos veraneantes que buscan un descanso tranquilo, natural e con pouco ruído.