O anel de voda que se esconde tras os castelos de area de Silgar

Mike (Ostrawsky) é o artífice das construcións tan visitadas da principal praia de Sanxenxo, que só están constituídas de area e auga
mikk
photo_camera mikk

En Instagram coñéceno como Ostraw​sky, no seu día a día como Mike e na praia de Silgar como o artífice das construcións de area. "Yo soy cocinero, en realidad.
Pero yo siempre me dediqué al arte. Ya desde pequeñito me gustaba mucho pintar", expresa Mike.

Era o ano 2017 cando o artista checo, namorado e con pretensión de pedir matrimonio, deixou Torremolinos (Málaga) para vir a Galicia co obxectivo de conseguir diñeiro para mercar o anel de compromiso. O seu plan era traballar en Vigo, mais unha persoa recomendoulle que probara antes coa zona de Sanxenxo. Tras un tempo traballando, volveu a Málaga e procedeu co seu propósito. Porén, o amor, unha vez máis, non puido con todo, e volveu a Sanxenxo para, esta vez, quedarse a vivir.

O arte que se pode desfrutar sobre a area de Silgar ten as súas influencias na zona de Barcelona. Durante os anos nos que Mike viviu alí, observou a outro artista que xa levaba tempo realizando estes traballos sobre a area.

Pobos, castelos medievais, figuras humanas ou dragóns. A area da praia de Sigar non pon límites para a creatividade de Mike. "Me gusta que cuando la gente ve
mis creaciones, vea lo que quiera. Quiero que, incluso, las personas mayores, vuelvan a la infancia", declara o artista.

Unha semana de media é o que lle leva a Mike traballar integramente nas súas creacións. Anteriormente tiña dous axudantes cos que en tres quendas de oito horas vixiaban as construcións. Na actualidade só conta cun compañeiro.

O arte de Mike sobre a area da praia de Silgar é unha forma do artista de agradecer a Sanxenxo a boa acollida e o bo trato que sinte no seu día a día.