Sabías que...

Alfonso Vilar Lamelas é un dos mellores escultores galegos do século XX

O artista da Madama de Silgar conta con obras con mencións de honra e expostas en países estranxeiros
LEAD Technologies Inc. V1.01
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera O escultor Alfonso Vilar Lamelas creando a Dama de Silgar. DS

O escultor Alfonso Vilar Lamelas, nacido no ano 1927 en Sanxenxo, é coñecido, sobre todo, pola famosa estatua que se erixe sobre as augas da praia de Silgar. A Madama de Silgar, donada polo artista en 1995, inspírase na mitoloxía celta e simboliza a beleza do mar. Porén, sobre as súas costas, Alfonso Vilar, conta con outros moitos logros que fan do artista, como un dos mellores escultores galegos do século XX, segundo algúns teóricos.

Outras das súas obras son Monumento ao pescador (Vigo), Cormorán (A Lanzada) ou O Infortunio, que recibiu mención de honor no Salón de Otoño de Madrid.

Ademais, no que corresponde á súa formación, recibiu a bolsa de Arte en Madrid da Deputación Provincial de Pontevedra e un ano máis tarde marchou a Santiago de Compostela a traballar co escultor Asorey, Ademais, ensinou a moitos canteiros que se fixeron internacionais. As súas obras áchanse tamén no estranxeiro, en países como Arxentina, Venezuela, Francia ou Alemaña, entre outros.