En moto cara o corazón da Ría de Pontevedra

Ao comezo da praia de Silgar, no Real Club Náutico de Sanxenxo, a empresa Jet&Bike ofrece motos de auga para adentrarse no mar
nicolai
photo_camera Elena Nicolai, unha das encargadas de Jet&Bike fronte ao mostrador da caseta. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

Adentrarse na Ría de Pontevedra e permanecer rodeado dalgunhas das illas que conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é posible todos os días grazas a Jet&Bike. O percorrido, que comeza no náutico de Sanxenxo, pode durar 20, 40 minutos ou unha hora e realízase en moto de auga. Este transcorre cara Raxó, pasa por Combarro e chega á Illa de Tambo, para despois alí volver.

Borja Sánchez Mollinedo e Elena Nicolai son dous dos encargados que se atopan tras o mostrador de Jet&Bike. "Nosotros estamos abiertos todo el año pero en invierno bajo reserva", comenta Elena. "Abrimos todos los días de 10.00 a 14.00 horas y de 16.00 a 20.00 horas", engade Elena.

As motos de auga saen do pantalán do Real Club Náutico de Sanxenxo e hai dous tipos de servizo. Por un lado, pódense alugar rutas guiadas con monitor e, por outro lado, as persoas con licencia de navegación poden alugar as motos acuáticas por libre. Ambos encargados comentan que a maior parte de clientes que teñen son pertencentes ao turismo local. "Tenemos clientes de todas las edades pero fundamentalmente jóvenes", explica Borja.

"A veces alquilan motos en grupo para despedidas de soltero", declara Elena. Como a inestabilidade é o común denominador nas terras galegas en todas as épocas do ano, Jet&Bike ofrecen traxes completos con botas e pantalóns para poder saír igualmente en moto de auga.

No propio Real Club Náutico de Sanxenxo, Borja e Elena traballan nunha caseta todos os días para ofrecer unha orixinal forma de desfrutar do día e de adentrarse na ría de Pontevedra.