Somos Ribadumia denuncia a desatención do alcalde do concello cara a auga pública

Esta asociacion acusa ao rexidor, David Castro, de ser pasota á hora de arreglar unha fuga de traída municipal da que a veciñanza leva tempo advirtindo

<p> Enrique Oubiña junto a la fuga en Ribadumia. SOMOS RIBADUMIA </p>
photo_camera Enrique Oubiña junto a la fuga en Ribadumia. SOMOS RIBADUMIA

A chamada dun veciño, intrigado por unha canle de auga correndo por un dos aliviadoiros da ponte de Pontearnelas, resultou ser unha fuga de auga pública.

 O voceiro de Somos Ribadumia,  Enrique Oubiña e parte do seu equipo desprazouse este martes a Pontearnelas para comprobar se a canle de auga referida “ven dalgunha vea subterranea natural que polo que fora se desviara por ese aliviadoiro ou, como sospeitan, trátase dunha fuga de auga municipal. E non erraron na sospeita, tal como queda recollido no vídeo que gravaron comprobando que efectivamente a auga que corre por esa canle é clorada, ou sexa da traída municipal”.

A existencia desta fuga de auga en concreto chama a atención porque, a pesar da falta de mantemento e limpeza na estrutura e contorna da ponte, a fuga está a plena vista na senda fluvial de Pontearnelas, pola que pasan moitas persoas a diario. Preguntando nas casas próximas e a algún habitual da zona, os emisarios de Somos Ribadumia toparon coa sorpresa de que foron varias as persoas que advertiron a membros distintos do goberno desa canle de auga que non debería estar alí. 

Para Oubiña “o pasotismo a hora de resolver estes problemas non sorprende. A finais do mes pasado xa nos fixemos eco de como unha fuga en plena vía pública no centro de Barrantes tardouse nove meses en resolver. Nove meses durante os cales a auga, ao igual que está en Pontearnelas, estivo fuxindo da rede pública minuto a minuto de día e de noite,  coa correspondente perda de miles de litros de auga depurada e dos euros que custa a depuración”.