Ribadumia mellora a recollida de augas pluviais en Leiromeán

As actuacións teñen lugar en camiños de titularidade municipal na parroquia de Leiro para satisfacer as necesidades da veciñanza, así como mellorar o paso de vehículos e a seguridade das persoas
Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Dentro dos proxectos de mellora e acondicionamento que o Concello de Ribadumia executa en distintos puntos do municipio, inclúense tamén as actuacións que se están a levar a cabo no proxecto de ampliación de viario e recollida de augas pluviais en Leiroméan (Leiro). 

Trátase dunha localización estreita con forte carga de tránsito de vehículos e persoas, polo que estas obras teñen o fin de proporcionar unha adecuada funcionalidade a un camiño de titularidade municipal que se ve afectado por continuos encharcamentos sobre o firme e dificultan o paso de vehículos e peóns. 

Para cumprir cos obxectivos definidos, executouse unha canalización e colocouse unha serie de arquetas sumidoiro na marxe do camiño. Posteriormente, procedeuse á ampliación do viario coa pavimentación de ambas as marxes ata completar a totalidade da anchura que permiten os peches das leiras situadas nesa localización.