Ribadumia acolle unha sesión informativa do programa 'La administración cerca de ti'

Celebrarase o martes 28 de febreiro, a partir das 11.30 horas, na Casa de Cultura ▶ Entre outros asuntos, falarase sobre os servizos que presta a Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra
Fachada del Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada del Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Ribadumia acollerá este martes 28 de febreiro unha charla informativa sobre os servizos que presta a Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra a través do programa La administración cerca de ti. A sesión celebrarase ás 11.30 horas na Casa de Cultura de Ribadumia.

Durante este faladoiro informarase sobre as vantaxes da Carpeta Cidadá e axudarase ós asistentes a utilizar as ferramentas electrónicas dispoñibles e fomentar o seu uso. Amais, facilitarase a obtención in situ dos medios de identificación e firma dixital que permiten o acceso ós servizos públicos sen desprazamentos (Clave), entre outras.

O goberno local anima e convida a toda a veciñanza a asistir a esta charla, onde todos os asistentes poderán solucionar as súas dúbidas sobre todos os asuntos relacionados cos servizos que presta esta Administración.