A programación do Auditorio de Ribadumia remata o trimestre con actuacións musicais

O sábado 25 de marzo, a Banda de Música Municipal de Ribadumia achegará á veciñanza un concerto de solistas e o domingo, será a quenda do grupo de Cantareiras Madialeva, cunha actuación que mesturará a tradición galega con letras frescas e pícaras
A Banda Municipal de Ribadumia actuará o domingo. DS
photo_camera A Banda Municipal de Ribadumia actuará o domingo. DS

O Concello de Ribadumia remata o mes de marzo achegando programación cultural e de entretemento á veciñanza do municipio e arredores no Auditorio Municipal. Esta fin de semana, a oferta será de carácter musical.

 O sábado, a partir das 20.30 horas, a Banda de Música Municipal de Ribadumia ofrecerá un concerto de solistas de clarinetes, trombón en frautas, dirixido por Alberto Rocha.

O domingo, a partir das 20.00 horas, continuará a oferta musical da programación coa actuación do grupo Cantareiras Madialeva, onde fusionarán a tradición galega con letras frescas e pícaras. A diferencia doutras pandeireteiras, as Madialeva non cantan ao unísono, senón que mesturan percusión tradicional coa polifonía para darlle diferentes tons a todas as súas cancións.

Ambas sesións serán de balde, e libres ata completar o aforo do Auditorio, recomendadas para todos os públicos. O Concello de Ribadumia anima a todos os veciños/as e achegados a asistir durante a fin de semana ás sesións organizadas, onde o entretemento e a música clásica e tradicional serán as grandes protagonistas.

Para estar ao tanto do resto da programación, a veciñanza poderá consultar os dípticos informativos que se enviaron aos domicilios de Ribadumia e dispoñibles nas oficinas municipais, nas redes sociais ou na páxina web municipal.