Preto de mil persoas visitaron Ribadumia no mes de xuño

Os portugueses e os galegos encabezan a lista de visitas a este municipio 
Gente disfrutando de un evento en Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Gente disfrutando de un evento en Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Ribadumia recibiu, segundo datos da Oficina de Turismo, un total de 994 visitantes durante o mes de xuño, destacando polo número de visitas en grupo recibidas ó longo destes 30 días. Estes datos aumentaron fronte aos do ano 2022. 

A xente que máis adoita achegarse a este concello correspóndese co perfil de turista e peregrino ligado á Variante Espiritual. O 38% dos visitantes foron estranxeiros, sendo Portugal o país que encabeza a lista, seguido doutros como Estados Unidos, Italia, Escocia ou Canadá. O 62% restante foron nacionais. Os que máis se achegaron á zona foron os de Galicia pero tamén de Valencia, Castilla La Mancha e Madrid, entre outros. 

As rutas xacobeas, os recursos naturais e enogastronómicos, as rutas de sendeirismo e os paseos fluviais foi o que máis interesou aos visitantes, aínda que tamén destaca a información sobre eventos e actividades que se desenvolven na zona. 

Estas cifras reflicten un incremento de turistas con respecto a outros anos e son datos positivos cara o inicio da temporada alta durante este verán en Ribadumia. 

Desde o goberno local seguirán apostando polo fomento e promoción do turismo deste municipio e de todo o patrimonio cultural e gastronómico do Concello de Ribadumia.