Manuel Manquiña e o Dúo Los Dinámicos protagonizaon o Magosto de Ribadumia

O cómico aterrará no municipio o venres 10 para representar o seu monólogo Mis charlas con el psicólogo
Manuel Manquiña. ADP
photo_camera Manuel Manquiña. ADP

O Concello de Ribadumia festexará o Magosto o vindeiro sábado 11 de novembro na contorna da Carballeira. Será a partir das 17.30 horas cando tanto pequenos como adultos poidan achegarse a esta localización e gozar dunha degustación de castañas asadas acompañada de chocolate quente e rosca. 

O entretemento e a diversión non faltará nesta cita, onde os asistentes escoitarán música en directo por parte do Dúo Los Dinámicos e terán oferta de entretemento a través de xogos populares. En caso de choivas durante a xornada do sábado, a celebración terá lugar diante da Casa de Cultura, nunha carpa cuberta.

Por outra banda, o venres 10 de novembro o Auditorio de Ribadumia encherase de humor e gargalladas grazas ao actor, cantante e humorista Manuel Manquiña co seu monólogo Mis charlas con el psicólogo. Esta sesión humorística terá lugar ás 21.30 horas e as entradas poderanse adquirir no seguinde enderezo ou no Bar Santiaguiño a un prezo de 12€ (en taquilla custarán 14€).