Os ceos estarán nubrados este martes en Galicia

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios signicativos en xeral

<p> Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE / ARCHIVO </p>
photo_camera Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE / ARCHIVO

O martes, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste e unha fronte pouco activa entrando polo noroeste de Galicia. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados en xeral e algunha chuvia intermitente na provincia da Coruña pola tarde, chegando a Pontevedra e o centro de Lugo de xeito máis disperso nas derraideras horas do día.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios signicativos en xeral, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente, principalmente no interior. Na comarca do Salnés os termómetros oscilarán entre os 15 e os 19 graos. Os ventos soprarán do sur e suroeste, con intervalos fortes no extremo norte, virando a oeste durante a tarde e amainando.

meteogalicia
Meteogalicia