A Illa extende o cambio a LED nas rúas Valle Inclán e Testos

A actuación ten un investimento de 8.000 euros Nos vindeiros días rematará a instalación dos 40 puntos de luz previstos, que suporán un aforro enerxético do 70%
Cambio de luminarias na rúa Testos en A Illa. DS
photo_camera Cambio de luminarias na rúa Testos en A Illa. DS

O Concello de A Illa avanza no seu proxecto de aforro enerxético co investimento de 8.000 euros de fondos propios na sustitución das luminarias públicas nas rúas Valle-Inclán e Testos, que se suman á renovación acometida xa nas calles Sucavirto, Suaviña e rúa dos Cons. En total son agora 40 novos puntos de luz os que pasarán a ter un sistema de baixo consumo, unha iniciativa que se extenderá neste ano a outras rúas da localidade cun aforro previsto do 70% xa que o consumo pasará dos 80w actuais a 26w.

O compromiso co clima suxire aplicar a tecnoloxía LED no maior porcentaxe posible do alumeado público na Illa e nesa línea vai a memoria que recolle o número de luminarias e cuadros que sería necesario sustituir de cara a unha renovación integral en todo o termo municipal; documento base para a solicitude de subvención tramitada ante o Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDEA), por un importe de 953.925,20 euros.

O estudio previo incorporado á documentación sitúa o consumo de enerxía actual en 930.816,70 kWh mentras que coa sustitución eléctrica situaríase en 200.073,60 kWh.