A Festa do Mexillón e do Berberecho desfrutará da música de De Vacas

A formación chegará este sábado a Vilanova baixo o programa Musigal da Deputación 
Concierto del trío vocal De Vacas. ARCHIVO
photo_camera Concierto del trío vocal De Vacas. ARCHIVO

O grupo De Vacas presentará este sábado 12 de agosto un espectáculo en Vilanova de Arousa. O concerto comezará ás 22.00 horas na Praza do Castro e enmárcase no programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra cos obxectivos de contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos de provincia e fomentar o uso e a normalización social da lingua. Ademais, a actuación forma parte da programación da 29 edición da Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova

De Vacas é un grupo formado por Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández, que no escenario mesturan voces e guitarra. Este ano presentaron novo espectáculo co nome de Rebovina 23 no que abren os seus diarios para botar a vista atras cara á historia musical da súa infancia, cantar en "todos os idiomas do mundo", bailar os éxitos das súas vidas e potenciar a teatralidade. O grupo convida, coas súas coreografías, ao público a desfrutar da fantasía vintage sumándolle a música e bases electrónicas. Destacan por ser recoñecidos con varios premios Martín Códax da Música 2016 ou o Territorio Violeta Feira de Teatro de Casrela e León 2018.