Vilanova inaugura a XXIX edición da Festa do Mexillón e do Berberecho

O alcalde, Gonzalo Durán, o tenente alcalde e diputado provincial, Javier Tourís, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron este xoves na apertura de cociñas deste evento gastronómico
Reguera, Durán, Tourís e as demais autoridades non dubidaron en probar a materia prima. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Reguera, Durán, Tourís e as demais autoridades non dubidaron en probar a materia prima. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A XXIX edición da Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova abriu este xoves as súas cociñas na Praza do Castro. Na presentación do evento gastronómico participaron Gonzalo Durán, alcalde do Concello, Javier Tourís, tenente alcalde e diputado provincial, Agustín Reguera, delegado da Xunta en Pontevedra, e outros concelleiros máis coma Áurea Bermúdez, responsable de Educación.

Cunha fila considerable de clientes agardando polos platos típicos do municipio, o evento gastronómico deu comezo as Festas que se celebrarán ata o domingo en Vilanova. Estas inclúen varias actuacións musicais e a tradicional Festa do Carme da parroquia, coa procesión marítima-terrestre prevista para o sábado.

Javier Tourís explicou a programación das Festas, que, ademais da cata gastronómica de xoves a domingo, contarán coa actuación da Orquestra Panorama o venres no Parque do Cabo, o concerto do Grupo de Vacas e a Disco Móvil Djiizane o sábado na Praza do Castro e o recital de Roi Casal o domingo no Xardín Umbrío. Para a seguinte fin de semana, celebraranse dous concertos máis, un deles do grupo Treixadura o domingo 20.

Un dos primeiros grupos en gozar desta Festa gastronómica en Vilanova. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un dos primeiros grupos en gozar desta Festa gastronómica en Vilanova. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

No inicio desta edición, o alcalde desvelou un dos secretos mellor gardados das celebracións, o pregoeiro. Este ano, o encargado de facelo será Pepe García Domínguez, xornalista afincado no municipio, e haberá tamén tres homenaxes máis. A primeira será ao sacerdote vilanovés, Juan Ventura Martínez, a segunda caerá sobre o novo Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a última será para Os Mozos de Arousa"que están llevando el nombre de Arousa por todo el mundo y que colaboran en alguna actividad con el Concello", afirmou Durán.

Sobre esta última homenaxe, o rexidor vilanovés asegurou que "no sé por qué no se le hizo antes un reconocimiento en otros Concellos". Reguera engadiu que "estas son unhas festas moi importantes para a gastronomía de Pontevedra xa que o mexillón e o berberecho son fundamentais para o éxito de Galicia" e tamén resaltou o lugar onde se celebra, "cunhas vistas ao mar realmente bonitas".

Cambio de ubicación

Nesta edición, a carpa gastronómica foi movida á Praza do Castro, abandoando desta forma o Xardín Umbrío. "La gente está felicitándonos y recibiendo muy bien el cambio. En gran medida, lo hicimos para dejar libre el aparcamiento del Xardín Umbrío y aprovechar un emplazamiento como este, con unas vistas inmejorables", admitiu o alcalde. "Además, esta fiesta nació en este lugar así que volvemos a los orígenes. La Fiesta pinta genial", pechou Durán.