Avanza a obra da ponte de Ponte Arnelas coa fabricación da estrutura metálica

Nas próximas semanas prevese a ensamblaxe final en taller dos módulos da estrutura e o seu pintado, así como traballos previos ao traslado da estrutura
A estrutura da ponte, en talleres. DS
photo_camera A estrutura da ponte, en talleres. DS

A reconstrución da ponte de Ponte Arnelas non se detén. A Xunta avanza actualmente nos traballos coa fabricación en talleres da nova estrutura metálica que se colocará no sucesivo.

Deste xeito, nas próximas semanas prevese a ensamblaxe final en taller dos módulos da estrutura e o seu pintado, así como traballos previos ao traslado da estrutura in situ. Paralelamente, nas inmediacións das obras tamén están a piques de finalizar as intervencións relativas ás pilas previstas. Cómpre lembrar que polas copiosas chuvias de comezos de outono, que fixeron que o caudal do río medrase substancialmente, produciuse un retraso nos traballos das cimentacións somerxidas.

Unha vez finalizada a desmontaxe, as actuacións céntranse agora no inicio das cimentacións das pías, uns traballos que se prolongarán durante as vindeiras semanas.

Esta actuación, no seu conxunto, contemplou o apuntalamento da ponte, o arriostramento transversal e a desmontaxe dos pretís de formigón, así como a colocación de tubaxes provisionais de abastecemento. Neste sentido, trátase da solución definitiva para a reconstrución da ponte, xa trasladada aos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia, que suporá un investimento autonómico de máis de 5,3 millóns de euros.

Cómpre lembrar que a actuación lévase a cabo despois de que a calzada cedese parcialmente por danos en varias péndoas.