A Xunta habilita una nova Aula de Capacitación Dixital no CIFP Fontecarmoa

As formacións están destinadas a persoas maiores de 55 anos con nivel baixo de cualificación
A nova aula de Capacitación Dixital do CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía. DS
photo_camera A nova aula de Capacitación Dixital do CIFP Fontecarmoa. DS

O Centro Integrado de Formación Profesional Fontecarmoa de Vilagarcía ven de ser seleccionado para integrar a rede de Capacitación dixital que dende o ano pasado contaba con 55 centros en toda Galicia. Este ano este número foi incrementado en 16 novos centros; un deles o CIFP Fontecarmoa. 

A creación da rede de Capacitación Dixital é unha iniciativa conxunta do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas consellerías de educación das Comunidades Autónomas. O obxectivo das aulas de dita rede nos centros de educación de persoas adultas é o de facilitar a súa capacitación dixital. Este ano pretendese formar en estas competencias a 2.792 personas. 

A Rede de Centros de Capacitación Dixital (Aulas) permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática, excluíndo de facto a un sector da poboación.

O público diana de carácter preferente serán as persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación, atendendo especialmente á brecha de xénero, que neste rango de idade está moi pronunciada. Non obstante, as accións formativas que se leven a cabo poderán alcanzar a outros colectivos de poboación xeral, sempre que se atopen fora do sistema educativo formal.

Estes cursos poderanse impartir en tres niveis diferenciados (básico, intermedio e avanzado). No CIFP Fontecarmoa ditos cursos serán impartidos polas tardes de luns a xoves de 16.30 a 19.30 horas, serán totalmente gratuítos e cunha duración de 30 horas en total.