Vilagarcía en Común reclama a devolución dos cartos da construtora das vías ciclistas

Afirman que se cumpre un ano das rutas "con escasos resultados tras unha mala execución da obra e un deficiente deseño dos itinerarios"
Vía ciclista carril bici Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Vía ciclista carril bici Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Dende Vilagarcía en Común-Esquerda Unida defenden a humanización de Vilagarcía xunto coas políticas de fomento dos medios de transporte alternativos ao coche, como a bicicleta. Aínda que tras cumprirse un ano da posta en marcha das vías ciclistas, valoran a actuación como "negativa". instando a debater nun futuro os pasos a seguir para melloralas.

"A boa idea de contar con vías ciclistas en Vilagarcía non callou na cidade posto que un ano despois se comproba que tanto o deseño como a execución foron un auténtico desastre e que a súa posta en marcha vai en contra de todas as pretensión que se tiñan cando foron ideadas", aseguran dende a formación. "En lugar de sumar adeptos e usuarios destas vías, o que conseguiron foi sumar detractores", sinalan.

O deseño e a execución das vías ciclistas foron un auténtico desastre

Afirman que, en primeiro lugar, o concello debe esixir da empresa construtora a devolución dos cartos da realización da obra. "A día de hoxe, as vías están destrozadas en grande parte do seu trazado debido á mala execución das obras, polo que o concello debe facer valer as garantías para que a xente non teña que pagar por unha obra feita de calquera xeito e que non durou nin sequera un ano".

Sinalan ademáis que o obxectivo que pretendía o goberno non se acadou. "Un ano despois non hai máis usuarios de bicicletas en Vilagarcía, nin a bicicleta gañou usuarios como medio de transporte diario e habitual". Argumentan que os motivos para que non haxa máis xente usando a bicicleta como medio de transporte diario son variados, pero "o trazado non foi acertado e, polo tanto, debería ser replantexado no seu conxunto para utilizar os tramos máis útiles e necesarios para organizar traxectos demandados pola cidadanía". En especial, engaden, debería rematarse o itinerario demandado pola xente: o que una Vilaxoán con Vilagarcía e Carril. 

Un ano despois a bicicleta non gañou usuarios como medio de transporte diario e habitual

Vilagarcía en Común – Esquerda Unida esixe do grupo de goberno unha rectificación do plan das vías ciclistas para que poida ser útil para os usuarios. Tamén pide que se faga un análise rigoroso do resultado despois dun ano desde a súa creacion para enmendar os erros e recuperar a 

Esixen ao goberno unha rectiticación, unha análise rigurosa do resultado para non repetir os erros no que queda do proxecto de vías ciclistas en Vilagarcía. Tamén piden unha nova posta en marcha do plan tras un estudo das necesidades, remodelación dos itinerarios e refacer os trazados.