O desfile de Entroido inclúe premios á mellor carroza e á mellor animación

A Concellería de Cultura repartirá 6.800 euros entre os mellores disfraces que tomen parte no evento a celebrar o martes 21 de febreiro ▶ O prazo para inscribirse no desfile vai do 8 ao 17 de febreiro e para anotarse ao Certame de Comparsas, do 22 ao 28

Desfile de carrozas del Entroido Carnaval de Vilagarcía. F.S.
photo_camera Gente disfrazada en Vilagarcía en una edición anterior del Entroido. F.S.

O Entroido está á volta da equina e o Concello de Vilagarcía xa ten todo preparado para volver a organizar unha das celebracións máis irreverentes e divertidas do ano. Na edición da que se aveciña, ademais de recuperar o Certame de Comparsas tras o parón da pandemia, a Concellería de Cultura dá un novo pulo ao Desfile de Disfraces creando novos premios para agasallar á mellor carroza e á mellor animación durante o percorrido, e abrindo o evento á participación das comparsas. En total, o departamento que dirixe Sonia Outón destina 9.800 euros aos premios do Entroido vilagarcián co obxectivo de animar á participación, encher de cor e alegría as rúas durante estas datas e a manter a tradición duns festexos populares con gran arraigo na cidade.

O primeiro dos grandes eventos do Entroido en Vilagarcía é o Concurso-Desfile de Disfraces e Carrozas que terá lugar a tarde do Martes de Carnaval, o 21 de febreiro. Cultura repartirá 6.800 euros entre os 21 premios previstos nas bases e aos que os participantes poderán optar anotándose nas tres categorías recollidas nas bases (infantil, adultos e grupos) e nas súas respectivas modalidades (individual e parella nas d& #250;as primeiras, e de ata 20 participantes ou de máis de 20 na de grupos). A maiores, como xa se dixo, darase un premio á mellor carroza e outro á mellor animación, en ámbolos dous casos dotados con 500 euros, cifra similar á destinada ao accésit para choqueiros, creado xa hai uns anos para recuperar e potenciar esta tradicional figura do Entroido galego máis popular. A contía dos primeiros premios por modalidade e categorías oscilan entre os 100 euros dos individuais aos 1.300 dos grupos de máis de 20 compoñentes. Ademais, concederanse segundos e terceiros premios.

O prazo de inscrición para participar no desfile vai dende o dia 8 ao 17 de febreiro. O trámite debe realizarse nas dependencias da Concellería de Cultura, sitas no Auditorio, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas. O formulario de inscrición poderán descargase na sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou na web municipal www.vilagarcia.gal.

O segundo gran acto do Entroido no municipio é o Certame de Comparsas que despois de tres anos de pandemia regresa ao Auditorio Municipal. Será o 5 de marzo, a fin de semana posterior ás festas de Carnaval para facilitar que as agrupacións da zona poidan acudir, ao terse celebrado xa os eventos doutros municipios que se concentran nas mesmas datas.

Como xa se viña facendo, o certame de Vilagarcía non ten carácter competitivo e todas as comparsas que participen e cumpran coas normas establecidas nas bases (como a de contar cun mínimo de 20 compoñentes) recibirán unha compensación de 300 euros. O número de participantes limítase a 10 agrupacións, con preferencia para as de Vilagarcía. As restantes admitiranse por orde de inscrición.

O prazo para anotarse no certame de comparsas vai do 22 ao 28 de febreiro. As inscricións deben realizarse nas oficinas de Cultura, en horario de 9:00 a 13:30 hora s, cubrindo o formulario que se lles proporcionar alí mesmo.

As categorías, premios e normas que rexerán o concurso de disfraces e o certame de comparases pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal ou a través da sede electrónica.