Vilagarcía, epicentro da música de cámara co festival internacional New Millenium

O dúo composto por Amanda Liu e Georgy Tchaidze abrirá o recital inaugural con obras de Beethoven e Brahms ▶ O primeiro espectáculo do festival será o mércores, 5 de abril, no Auditorio Municipal e a entrada é libre e de balde ata completar aforo

El auditorio de Vilagarcía acogerá la cita. DS
photo_camera O auditorio de Vilagarcía acollerá a primeira das citas. DS

O programa de concertos do New Millennium International Chamber Music Festival comeza este mércores, 5 de abril, cun espectáculo do máis alto nivel e aberto a todo o público. O dúo composto pola prestixiosa violinista norteamericana, Amanda Liu, xunto co afamado pianista Georgy Tchaidze abrirán o concerto que se celebrará a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal e que tamén contará coa actuación do cuarteto con piano. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O dúo Lui-Tchaizde abrirá o concerto inaugural do NMICMF interpretando a Sonata para violín e piano en Sol maior nº 10, Op 96 de Ludwig van Beethoven. A continuación o cuarteto composto por Vlad Stanculeasa (violín), Mathieu Herzog (viola), Kyril Zlotnikov (cello) e Georgy Tchaidze (piano) interpretará o Cuarteto con piano en sol menor nº 1 Op, 25 composto por Johannes Brahms.

Todos os músicos que participan no concerto son prestixiosos intérpretes recoñecinos a nivel internacional que participan no festival de música de cámara como profesores do programa formativo no que toman parte 40 músicos noveis bolsados a través do programa Erasmus+ da Unión Europea.

O New Millennium International Chamber Music Festival é un evento organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía e que conta con financiamento da UE a través do programa educativo Erasmus. O certame, creado e dirixido pola recoñecida violinista Miranda Liu, sitúa a Vilagarcía á al tura de Viena, Budapest ou Sofía, as grandes cidades europeas coas que a capital arousá comparte a sede do NMICMF. Catro concertos e un completo programa de master class celebraranse en distintos espazos de Vilagarcía do 3 ao 7 de abril.