As adversas previsións meteorolóxicas para o vindeiro mércores, día 1, levaron a Concellería de Cultura a trasladar a Festa dos Maios á praza de Peixería, en lugar do parque de Miguel Hernández, onde estaba anunciada inicialmente.
Malia este cambio, todo o programa mantense, con exhibición dos traballos dende as 11.30 da mañá ata as 20.30 horas da tarde. En total, son 37 as creacións que participan no concurso, entre maios cónicos e artísticos, caixas, cruces e barcos; obras que corresponden a 22 autores, entre elas varias asociacións de pais e nais, centros educativos, varias persoas a título individual e a residencia de terceira idade Divina Pastora. Todos os participantes recibirán entre 30 e 150 euros en función do número de integrantes do grupo e de si engaden copla ou non.