Humor e unha alfombra vermella para encher de cultura A Lanzada ‘de maio’

▶ A organización anima aos asistentes a vestirse de época nesta edición mellorada da cita, que terá lugar os días 11 e 12 do mes que vén
A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP
photo_camera A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP

Co humor de Pepo Suevos e a interpretación de Pablo Morón, o Pazo Emilia Pardo Bazán vestiuse este luns de gala para presentar a programación de A Lanzada de Maio, nun acto no que houbo ‘photocall’ e alfombra vermella pola que desfilaron os convidados e convidadas.

A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP
A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP

Tras a intervención da Comisión e a actuación de Tatana Teatro baixo a dirección de Fátima Rey, deuse conta do programa previsto para os días 11 e 12 de maio, que chega con grandes melloras tras o éxito do pasado ano, consolidándose como referente cultural na zona.

A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP
A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP

O sábado 11 a actividade comezará ás 11.00 horas co pregón a cabalo e un pasarrúas polo recinto da capela, epicentro da cita, que amenizarán Os Gatiños, Airiños e Lembranzas. A media mañá abrirá a exposición de Ana Cancela, ‘As dúas portas da Lanzada’, e Marcelino Agís presentará o seu libro ‘Roteiro do Padre Sarmiento’. Unha mostra de loita con Ulf Klan, zancudos, música de Os demos da Petaca, Os Cruceiros, Soalleira, xogos populares, Tatana Teatro e unha visita dramatizada completarán o día.

Pola noite, ás 22.30, Tatana Teatro representará na praia o rito das nove ondas, en exclusiva para esta festa. Haberá Cantos de Taberna con Os Firrás e a representación da Queimada despedirá a xornada.

A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP
A presentación da cita, que tivo lugar este luns no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DP

O domingo 12 terá lugar a homenaxe ao ‘gaiteiro do Salnés, Otilio, coa actuación de Airiños, e desde as 12.00 haberá misa, procesión e Cantos de Taberna con Abiñadoira e Cinco en Zocas.