A IV edición de ‘Democratización do coñecemento’ chega a Vilagarcía da man da USC

A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 50 anos de toda a comarca
O edificio do concello de Vilagarcía de Arousa. DS
photo_camera O edificio do concello de Vilagarcía de Arousa. DS

A IV edición do ciclo de charlas Democratización do coñecemento desenvolverase en Vilagarcía entre os vindeiros días 26 de marzo e 23 de abril, en martes sucesivos -agás o venres 12 de abril-, nunha aposta por parte do Concello vilagarcián en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 50 anos de toda a comarca e as prazas, a cubrir por rigoroso orde de inscrición, ascenden a un total de 100. Os interesados xa poden anotarse na Casa Consistorial, no segundo andar (Secretaría), de 8.30 a 14.30 horas, ou ben a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal), con participación gratuíta, se ben pídese a obrigatoriedade de asistencia á totalidade dos seminarios. O prazo conclúe o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 14.30 horas.

Os tres temas a desenvolver serán Aproximación á historia da música galega e aos instrumentos de percusión, a cargo da docente da facultade de Ciencias da Educación, María González; O despilfarro alimentario e a pegada ambiental dos alimentos, que impartirá o catedrático de Enxeñería Gumersindo Feijoo Costa, e O sono e os seus trastornos, da man da mestra e doutora da Facultade de Enfermería, Mónica Antelo Martelo. Cada tema desenvolverase en dúas partes, unha en forma de seminario e outra, como obradoiro, e os asistentes recibirán un diploma expedido pola propia USC.