Os escolares conmemorarán o Día Mundial da Parada Cardíaca aprendendo a técnica da RCP

Participarán 350 alumnos e alumnas de 5º e 6 de Primaria dos centros educativos do municipio 
Alumnos durante unha clase de RCP. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Alumnos durante unha clase de RCP. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O vindeiro luns, 16 de outubro, celébrase o Día Mundial da Parada Cardíaca, unha conmemoración á que se suma o Concello de Vilagarcía coa organización dunha xornada formativa sobre a técnica de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). A actividade diríxese a escolares de 5º e 6º curso de Primaria dos colexios do municipio e será impartida polo persoal do Servizo Municipal de Emerxencias.

O obradoiro práctico desenvolverase entre as 10.30 e as 12.00 do mediodía nas instalacións do pavillón de Fexdega e está prevista a asistencia de 350 escolares para aprender a realizar unha RPC, manobra básica e fundamental que poden realizar incluso os cativos e coa que se poden chegar a salvar vidas.