O colexio de Carril alega por unha "educación real" con "instalacións dignas"

Familiares lamentan que algún dos seus fillos teñan que "aguantar toda a mañá sen facer as súas necesidades" polo mal estado dos aseos
Concentración no CEIP Carril de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Imaxe da concentración celebrada este martes, que contou coa presenza de Alberto Varela e máis representación socialista. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A retirada da profesora que daba apoio á aula de 3 anos do colexio Rosalía de Castro de Carril, sumado ás protestas que os familiares dos estudantes levan facendo dende 2017 solicitando o arranxo das instalacións, provocaron a movilización este martes diante do centro escolar de decenas de persoas para pedir solucións.

Dende o centro fan fincapé na importancia desa figura de apoio en infantil, "xa que por ley corresponde unha profesora de Apoio Educativo para as tres unidades de infantil".

A Xunta de Galicia indicou que o centro ten os recursos necesarios, pero dende a administración do centro insisten en que que os cativos "teñan profesorado de garda diferente cada día e non teñan ese apoio de referencia fixo que lles da seguridade e xonfianza, non é unha ensinanza de calidade".

Algún dos nosos fillos aguanta as súas necesidades toda a mañá polo mal estado dos aseos

Outro tema que preocupa ao colexio é o estado dos baños, definido como "deplorable" dende 2017. "Algúns dos nosos fillos incluso aguantas as súas necesidades durante toda a mañá para non ter que facer uso deles", explican os familiares. 

O ente autonómico asumiu no ano 2022 a reforma dos aseos pendentes e das ventás, e en maio do ano pasado enviaron persoal para valorar e presupostar a obra que se levaría a cabo na época estival, explican dende o colexio de Carril. "Estamos case en febreiro de 2024 e as obras non teñen previsto realizarse". A resposta que recibe o centro é que están "nunha lista e hai que esperar a que esta avance e lle toque o turno ao noso colexio". 

Outro asunto que preocupa a docentes e familiares é o parque infantil, "se se pode chamar así". Explican que tiveron que retirar as pezas de xogo polo mal estado na que se atopaban podendo facerse dano algún cativo. "Pedimos por favor que fagan un espazo d exogo decente e seguro para que poida desfrutar de él o alumnado".

Con todo isto, a comunidade educativa pide "unha ensinanza de calidade" e unhas instalacións "dignas despois de non opter resposta de ningún tipo as nosas demandas por parte da Administración".

Os socialistas ao carón da Comunidade Educativa

Os socialistas quixeron apoiar a comunidade educativa do CEIP O Carril nas súas reivindicacións de melloras no colexio e dotación de profesorado participando da manifestación deste martes coa presenza do alcalde, Alberto Varela, e o viceportavoz del Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado. "O PP promete moi ben e cumpre moi mal”, afirma Torrado en referencia á demora de anos da Xunta de Galicia en executar as melloras no centro educativo carrilexo, no que considera que é unha "nova discriminación a Vilagarcía".