A XI Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez reúne en Cambados preto de 100 participantes

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na entrega de premios
Entrega de premios en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Entrega de premios en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na entrega de premios da XI Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez Teto. A proba deportiva, que desde este ano forma parte do novo Trofeo Miño-Galaico, reuniu en Cambados a preto de 100 corredores da categoría júnior pertencentes a catorce clubs chegados de Galicia e de Portugal.

A proba deportiva en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
A proba deportiva en Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Luisa Sánchez felicitou aos participantes nesta proba, que percorreron 106 quilómetros, nunha ruta que consistiu en dúas voltas a un circuíto inicial de 22 quilómetros e unha subida ao alto do Busto.

Más en Deportes