'Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA' déixase ver en Baltar

Esta exposición de arte mostra unha viaxe dende o século XIX ata a actualidade
Exposicións de Afundación en Sanxenxo. DS.
photo_camera Exposicións de Afundación en Sanxenxo. DS.

O Concello de Sanxenxo, ABANCA e Afundación presentarán este xoves día 13 de xullo ás 11.00 horas a exposición 'Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e Abanca' exposta no Paseo de Baltar.

Esta exposición de arte estará na rúa de Portonovo ata o 6 de agosto. Unha proposta de pezas das Coleccións de Arte de Afundación e ABANCA que convidan a viaxar por Galicia e arredor do mundo. As pezas van dende finais do século XIX ata a actualidade e van acompañadas dun texto escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O que queren mostrar é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumboas para a produción artística. 

Esta mostra atópase dentro do programa "Corrente cultural" enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. No acto de inauguración estarán presentes o Alcade de Sanxenxo, Telmo Martín; a concelleira de Cultura, María Elena Torres; o coordinador institucional de ABANCA en Vigo, José Luis Romero; o director de zona Arousa/Salnés de ABANCA, Víctor Manuel Moralejo; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores