O proxecto Queremos Contar! premiado no Concurso de Proyectos de Animación

Este concurso á lectura María Moliner está adicado a municipios con menos de 50 mil habitantes. 
 
Migallas Teatro actuará esta fin de semana. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Migallas Teatro representando unha das súas obras teatrais. JAVIER CERVERA

A Concellería de Cultura de Cambados presentou este proxecto, 'Queremos Contar!', dentro do programa de actividades onde se aposta polas axencias de lectura das parroquias e polas persoas maiores de 55 anos en entornos rurais, como o público obxectivo para accións formativas e lúdicas, a través do proxecto MaiorMente. Así, máis de 100 persoas maiores das diferentes parroquias do Concello desfrutaron de obradoiros de ximnasia, manexo de teléfonos móbiles, informática e navegación segura, obredoiros creativos, etc. 

O galardón supón 2.772,22 euros para a compra de libros e material lúdico e didáctico para as catro Casas de Cultura das parroquias e, asi axudará a súa mellora de contidos para ser empregados polos usuarios e usuarias.

Este non foi o único premio recibido pola Concelleira de Cultura nestes días, xa que en marzo presentou tres sesións da obra 'Falemos como galegas!' da compañía Migallas Teatro. Este proxecto obtivo unha subvención para o uso da lingua galega entre os diferentes colectivos. Coa axuda concedida representarase a obra nos dous institutos de Cambados (IES Ramón Cabanillas e IES Francisco Asorey) e no auditorio municipal para pór en valor a lingua entre os mozos, mozas e persoas maiores do Concello.