Uxía Gonzalo e Uxía Caneda expoñen a colección ‘Son (do verbo ser)’ na Sala Nauta

A mostra ten entrada gratuíta para contemplar unha colección de seis cadros
A exposición conta cunha colección de seis cadros e banda sonora. DS
photo_camera A exposición conta cunha colección de seis cadros e banda sonora. DS

A exposición Son (do verbo ser), de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda, podra verse en la Sala Nauta ata o 16 de abril. Trátase dunha mostra inmersiva que combina a visualización das obras expostas cunha banda sonora propia, así como a experiencia coas texturas, olores, viño e a realidade aumentada.

A exposición conta cunha colección de seis cadros que xiran en torno ao recordo e o sentimento de nostalxia, empregando como elementos principais a natureza e a paisaxe das Rías Baixas, baixo os títulos: Las simples cosas, Díxomo abuelo Manolo, Cando as olas rompen, O Mar estea en calma, Mirar con outros ollos e Nós.

A mostra combina distintas técnicas coas que se trata de transmitir distintos sentimentos e situacións persoais que acompañadas da música axudan ao espectador a trasladalo a distintos espazos e momentos.

A entrada será gratuita e a visita realizarase mediante pases cunha duración de dez minutos aproximadamente onde a música guiará aos espectadores a través dos cadros. O alumnado do Centro de Arte visitará a mostra o día 12 de abril para coñecer en profundidade a exposición da man das propias artistas. "Estamos moi vinculadas a Sanxenxo e parécenos toda unha oportunidade poder contar con esta sala para expoñer o noso traballo que pode ser visto por miles de persoas", asegurou Uxía Gonzalo Salgueiro.

Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación, destacou durante a inauguración que se trata dunha proposta "diferente e novidosa que Sanxenxo tiña que apoiar".