As escolas infantís municipais de Sanxenxo pechan o período de matriculación

Os admitidos teñen de prazo entre o 12 e o 23 de xuño para formalizar a súa matrícula
Instalaciones de la escuela infantil municipal O Tombo en Sanxenxo. DS
photo_camera Escola infantil municipal O Tombo en Sanxenxo. DS

As escolas infantís municipais de Sanxenxo pecharon o periodo de matriculación con listas de agarda en dous cursos, o cero un ano, de O Tombo, e o un-dous, de ambas escolas. Quedan prazas nos grupos cero-un da EIM Revel, e dous-tres das dúas.

A partir de agora, unicamente poderán presentarse solicitudes nos seguintes casos: Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, cambio de residencia da unidade familiar a Sanxenxo, e outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 12 e o 23 de xuño (ambos inclusive). Deberá presentarse, preferiblemente, na sede electrónica de Terra de Sanxenxo no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve.

Opcionalmente, poderase presentar no Rexistro de Terra de Sanxenxo mediante un formulario dispoñible na páxina web do concello e nas escolas. Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.

O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.