A Xunta ofrece unha formación sobre pragas e enfermidades na viticultura

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia un curso de formación que se iniciou este luns ▶ As sesións estarán impartidas por un enxeñeiro técnico agrícola do centro, dependente de dita axencia
Juan Carlos Vázquez, enxeñeiro técnico agrícola da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia durante a primeira clase do curso. DS
photo_camera Juan Carlos Vázquez durante a primeira clase do curso. DS

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria comezou na mañá deste luns un curso de formación para asesores e técnicos sobre pragas e enfermidades na viticultura, que se desenvolve na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra) e contará cunha segunda sesión o mércores, día 18.

Este tipo de formacións enmárcanse dentro dun plan de actualización de coñecementos para asesores e técnicos, tanto do sector público como privado. Nesta caso, falarase sobre a xestión integrada de pragas e sobre as principais pragas e enfermidades do viñedos, centrándose en como identificalas, seguilas e controlalas.

Juan Carlos Vázquez, enxeñeiro técnico agrícola da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, é o encargado de impartir este curso destinado para asesores e técnicos. Traballa en distintas liñas de experimentación e investigación do sector vitivinícola, e na divulgación e transferencia de coñecementos en novas tecnoloxías, no que se atopa o proxecto piloto App Fitovit para o servizo de información fitosanitaria do viñedo galego.

Esta primeira xornada desenvolveuse en horario de mañá para abordar a xestión integrada de pragas. O mércores 18 de outubro, o tema que se tratará será o das principais pragas e enfermidades do viñedo.