Exposición de arte abstracta e inclusiva para persoas con discapacidade visual

A estrea da mostra terá lugar o día 21 de abril ás 12:00 horas no Auditorio de Ribadumia
photo_camera Auditorio de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia inaugurará o vindeiro 21 de abril unha exposición de pintura de Santiago Malvar no Auditorio Municipal ás 12:00 horas. A mostra estará dispoñible ata o 22 de maio, sempre media hora antes das actuacións programadas para os meses de abril e maio. Os grupos que desexen asistir poden facelo a través da solicitude previa nas dependencias municipais. 

A visita desta exposición será de carácter gratuíta, o que permitirá achegar o arte a toda a veciñanza do municipio e arredores. Ademais, supón unha defensa da democratización da cultura tamén cara as persoas con discapacidade visual, resaltando así a exclusividade a todos os niveis. 

Santiago Malvar, autor das obras, é un artista galego que se serve de materiais reciclados de diferentes texturas para desenvolver o seu estilo abstracto e expresionista. A súa obra defínese como un traballo introspectivo, tanto para o artista como para o espectador, quen debe participar de forma activa e dilucidar entre as súas propias emocións á hora de contemplar os cadros para dotalos de significado.

Esta iniciativa é un reflexo da aposta que fai o Concello de Ribadumia pola  defensa da cultura e da arte, sobre todo a nivel galego; un sector con grandes retos aos que enfrontarse especialmente a raíz da pandemia. O goberno local, anima así, a todas as persoas interesadas no mundo da arte a visitar o Auditorio de Ribadumia a partir deste 21 de maio para contemplar a arte expresionista abstracta de Santiago Malvar no seu estado puro.