Ribadumia reparte as áreas de Goberno e aproba tres adicacións

O Pleno aprobou unha adicación exclusiva e dúas adicacións parciais, mentres que o alcalde manterá o salario de 1.500 euros ao mes do pasado mandato
(IMG_5242.JPG)  Salnes Fachada Concello Ribadumia12595
photo_camera Fachada do Concello de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia celebrou durante a tarde deste luns 17 de xullo o Pleno de organización municipal, posterior ás eleccións municipais e á toma de posesión do Goberno, actos acontecidos nos pasados meses de maio e xuño, respectivamente.

Acordouse manter a distribución do territorio por áreas e que estas estean compostas por cinco membros, respectando a proporcionalidade da representación que cada grupo político ostenta na corporación. No caso da proposta da participación nas comisións informativas do grupo mixto (BNG, Xuntos e Somos) e tal como se recolle na lexislación vixente, estes deberán nomear un voceiro, con presenza en ditas comisións. Con todo, a información a tratar na comisión informativa será remitida a todos os grupos políticos da corporación municipal.

Por outro lado, no que respecta ás áreas de Goberno, segundo a lexislación vixente, algunhas delas teñen que contar cunha comisión específica. Con respecto á distribución das correspondentes áreas de goberno, acordouse o seu reparto entre os concelleiros. No proxecto político do alcalde de Ribadumia, David J. Castro Mougán, está María del Mar Rey Pérez de primeira tenencia de Alcaldía, así como representando a Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio e Fomento e Concienciación do desenvolvemento sostible. 

María Vanesa Jorge Argibay, dende a Concellería de Contas, Economía, Facenda, Persoal e Réxime Interno, Relacións Institucionais, Turismo, Transparencia e Novas Tecnoloxías, ostentará a segunda tenencia de Alcaldía. A todos estes nomes únense, tamén, Alba Martínez Oubiña, da Concellería de Promoción económica, Agricultura, Industria, Comercio, Emprego, Servizos Sociais, Igualdade, Terceira idade e Sanidade; Miguel Castro Chaves, da Concellería de Obras, Servizos, Instalacións municipais, Urbanismo e Vivenda; Yolanda Peiteado Buceta, da Concellería de Parques, Limpeza e Xestión medioambiental; e Sofía Núñez Martínez, da Concellería de Deportes e xuventude, Participación veciñal, Eventos, Seguridade cidadá e protección civil.

No que respecta á representación nos órganos colexiados, no Consello Escolar está María del Mar Rey Pérez, na mesa de Comercio Local e no Pacto Territorial de Emprego do Salnés está Alba Martínez Oubiña, na Fundación Monte Castrove está Sofía Núñez Martínez, na Asociación Ruta do Viño Rías Baixas e no Grupo de Desenvolvemento Rural está María Vanesa Jorge Argibay, e na Mancomunidade do Salnés está o Alcalde xunto con outros dous concelleiros.

AS ADICACIÓNS. A proposta do equipo de Goberno, contempla unha adicación exclusiva e dúas adicacións parciais. No caso das retribucións do Alcalde Presidente, serán de 1.500€/mes, igual que no pasado mandato. A adicación exclusiva da concelleira Vanesa Jorge, será de 1.900€/mes líquidos, que mantén a mesma contía do que cobraba o Sr. Enrique Oubiña, así como das liberacións parciais de dúas concellarías da lexislatura pasada. A única diferencia con respecto ás lexislaturas anteriores, será a da adicación parcial do Concelleiro Miguel Castro, que suporá apenas 400€/netos