Ribadumia aprende sobre os beneficios do exercicio para a saúde

Nesta xornada compartíronse coñecementos e técnicas para mellorar a vida a través da actividade física
Veciñas de Ribadumia no taller terapéutico. DS.
photo_camera Veciñas de Ribadumia no taller terapéutico. DS.


Os veciños e veciñas de Ribadumia desfrutaron, este mércores, do obradoiro de exercicio e saúde que se impartiu na Casa de Cultura do Concello. A actividade reuniu aos interesados en aprender sobre os beneficios do exercicio para a saúde. 

Nesta xornada terapeútica, compartíronse coñecementos e técnicas para mellorar a calidade de vida a través da actividade física. Así, exploráronse entre os participantes diferentes aspectos relacionados co exercicio terapéutico, incluíndo a prevención de lesións, o fortalecemento muscular, a flexibilidade, o equilibrio e outros aspectos fundamentais para o benestar físico e emocional

Este taller celebrado en Ribadumia serviu para promocionar ferramentas que permitan introducir o exercicio terapéutico de maneira efectiva na vida diaria. O goberno local agradeceu a participación de todas as persoas implicadas en facer posible que esta xornada se puidese desenvolver. Ribadumia seguirá ofrecendo oportunidades para que a sociedade poida aprender e mellorar a súa calidade de vida.